Este martes 24 celebramos o día da Biblioteca Escolar.
A nosa mascota, o rato Roi , convidounos a todas as aulas a pasar pola biblioteca e facer uns marcapáxinas e coller uns libros para disfrutar deles nas nosas aulas.
Como saberedes, este ano o Día das Letras Galegas adicámosllo a Carlos Casares.
Para celebralo no cole preparamos unha obra de teatro adaptando o conto "A Galiña Azul" deste escritor, fixemos un taller para que cada un de nós elaborase a súa propia Galiña Azul e vimos un vídeo sobre a vida de Carlos Casares.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades aos artistas da obra de teatro e o ben que nos quedaron as nosas galiñas.