A nosa biblioteca inaugura a súa actividade nos recreos, e facémolo cun obradoiro da mesa de luz.
Xogamos cos seus cambios de cor, coas formas, os volumes, coas letras...pasámolo moi ben!!!!
martes, 30 de outubro de 2018
luns, 29 de outubro de 2018
RECREOS NA BIBLIO
Prestade moita atención! Este curso o rato Roi abre a súa biblioteca nos recreos!!!
Cada quince días levaremos a cabo un obradoiro diferente: de xogos de mesa, clubs de lectura, realidade aumentada, mesa de luz...e moitos máis.
Informarémosvos de cada actividade. Estade atentos!!!
domingo, 28 de outubro de 2018
A APÓCEMA MÁXICA
Para celebrar o Samaín un grupo de alumnos e alumnas fixeron unha apócema máxica.
Aquí tedes a receita súper segreda!!!
NO CEE DE FERROL EXISTEN AS MEIGAS E OS FEITICEIROS
E VAN A FACER UNHA
POCIÓN PARA QUITAR O MAL CHEIRO.
O INGREDIENTE SEGREDO NÚMERO UN
É AUGA DE COCER ATÚN.
(AGUA OSIXENADA)
O SEGUNDO INGREDIENTE SEGREDO
É SUOR DE MORCEGO.
(XABÓN LÍQUIDO)
O INGREDIENTE SEGREDO NÚMERO TRES
É AUGA DE LAVAR OS PÉS.
(AUGA
E LEVADURA FRESCA)
E CANDO MESTURAMOS TODO...
CHEIRA COMA O SOBACO DUN OGRO!!!
mércores, 24 de outubro de 2018
UN DÍA MOI ESPECIAL
Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca. E, como non podía ser doutra forma, nós tamén nos quixemos unir a esta festa. Para isto, e coincidindo co día que celebramos o Magosto e Samaín no cole, elaboramos entre todas as aulas do centro un libro viaxeiro terrorífico! Tamén fixemos unha apócema máxica....
xoves, 18 de outubro de 2018
SEGUIMOS VIAXANDO
Este curso o noso rato segue a viaxar polo mundo e continúa axudándonos a coñecer países moi interesantes. Nesta ocasión ímonos a Italia!!!
Esta é a carta coa que o rato Roi nos invita a viaxar con el.
Esta é a carta coa que o rato Roi nos invita a viaxar con el.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






