sábado, 2 de febreiro de 2019

O NOSO DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz fixemos as seguintes actividades:
  • a nosa interpretación do libro de LÚA, de Pepablo Patinho
  • cantamos un fermosísimo RAP
  • elaboramos unha nube de desexos de PAZ
  • recibimos os corazóns elaborados polo alumnado da FPB, fixeron un para cada un de nós!
  • e para rematar cun punto doce...compartimos unha rica merenda de chocolate con churros
Para que vexades o ben que o pasamos, amosámosvos unhas imaxes deste día tan especial.


xoves, 24 de xaneiro de 2019

MISTERIO DESVELADO

Como vos anunciabamos onte, hoxe tivemos unha visita moi especial! Como estamos a traballar o libro de Lúa, pois ninguén mellor que o seu autor para vir a nosa biblio.





A continuación amosámosvos unhas imaxes do ben que o pasamos coa súa visita.
Moitas grazas Pepablo Patinho!

mércores, 23 de xaneiro de 2019

TEMOS VISITA!

Atención, atención! Mañá temos unha visita moi especial na nosa biblio. De quen se tratará? Estade moi atentos!


luns, 21 de xaneiro de 2019

xoves, 17 de xaneiro de 2019

CARTA, CARTA!

O noso ratiño chegou a un novo destino...EXIPTO!!!!

Seguro que vai ter moitas aventuras e nós... esperamos aprender moito da súa man!