venres, 3 de decembro de 2021
xoves, 25 de novembro de 2021
25N
Para conmemorar un día
tan importante coma o de hoxe decidimos facer un mural e expoñelo na entrada do centro.
Tamén se uniron outros departamentos a esta celebración.
Ademais, o alumnado
das FPB de Xardinaría e Restauración acudiu a sala de xuntas para ver varios vídeos
relacionados con este tema e participar nun debate posterior.
venres, 12 de novembro de 2021
O MAGOSTÍN
Onte, xoves 11 de novembro, aproveitando a festa do San Martiño, celebramos no centro o MAGOSTÍN (Magosto + Samaín). Polas aulas desprazáronse dous seres do inframundo co seu Monstro Comemedos.
Estes seres ían de aula en aula recitando o seguinte conxuro:
CONXURO QUITA - MEDOS
"Pantasmas, esqueletes,
vampiros e demos.
Aquí vai este conxuro
para quitar os nosos medos.
Da igual o que che asuste,
e si che fai tremer.
Gardados nesta caixa
non os volverás ver.
E aquí ben gardadiños
co lume, arderán
e así os nosos medos
desaparecerán."
Logo, recollían os medos dos nosos alumnos e alumnas e facíanos desaparecer.
xoves, 11 de novembro de 2021
ANTES DO GRAN DÍA...
A semana antes da gran celebración o alumnado de Xardinaría e Restauración preparou, na entrada do centro, un expositor con produtos do outono e quedou así de ben:
mércores, 10 de novembro de 2021
QUE PASARÁ MAÑÁN?
Fai uns días recibimos, nas nosas aulas, esta carta. Que emoción!!! Que estará preparando o Rato Roi? Mañan resolverase o misterio...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















