luns, 24 de outubro de 2022

O RATO ROI está de volta!

Queremos darvos a BENVIDA a este novo curso!

Estamos no Outono e o Rato Roi ten moitas ganas de festexar o Magosto e o Samaín.

Para iso, preparou unha mesa con contos, películas e xogos típicas destas datas. Algúns dan moito medo! Atréveste a visitar a nosa biblioteca?

Este venres pasado repartimos as invitacións, esperámosvos!










venres, 17 de xuño de 2022

AULAS CON MOITO ARTE 5 - KEITH HARING

Para aproveitar o noso disfrace de Entroido, decidimos traballar un pouco mais a figura do artista Keith Haring, coñecendo cousas da sua vida e das súas obras. Despois fixemos algunhas interpretacións dos seus cadros e das figuras que representaba. Espero que vos gusten:









luns, 13 de xuño de 2022

RADIO FILISPIN

Hoxe fomos invitados a participar no progama de Radio Filispin "Unha tarde no muiño". Aproveitamos esta oportunidade para falar dos cambios que se produxeron no noso centro nestes 50 anos de vida, posto que este curso celebramos o seu 50 Aniversario. Ademais, os nenos participantes (Pablo, Xoan e Israel) falaron do que fan no seu día a día, posto que os tres están escolarizados en réxime de internado, do que lles gusta do cole, do que lles gustaría cambiar,.. Aquí vos deixamos unha pequena mostra en fotos e o enlace ao audio do programa: 




martes, 31 de maio de 2022

CORRELINGUA 2022

Hoxe participamos nunha nova edición do Correlingua. Un grupo de alumnos e alumnas desprazámonos ata o Pazo da Cultura de Narón para gozar desta nova edición que veu da man de Isabel Risco e Paco Nogueiras. Pasámolo moi ben!





venres, 20 de maio de 2022

INTERPRETANDO A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano estivo dedicado á figura de Florencio Delgado Gurriarán, decidimos realizar unha interpretación de varios dos seus poemas. Espero que vos guste o resultado: