Fai uns días fixemos cos máis pequenos un taller de pintura.
Eles mesmos a fixeron e despois nunha cartolina escribiron a primeira letra do seu nome e tamén fixeron outras pequenas obras de arte.
Os ingredientes para facer a pintura son:
- Unha cullerada de fariña de levedar.
- Unha cullerada de sal.
- Unha gota de colorante alimentario (as cores que queirades)
- Un pouquiño de auga.
Hai que remexer todo ata que se forme unha masa espesa. Despois podemos pintar libremente.
Para rematar metemos a nosa obra no microondas durante aproximadamente 30 segundos, ata que a pintura inche un pouco.
Para rematar metemos a nosa obra no microondas durante aproximadamente 30 segundos, ata que a pintura inche un pouco.
Mirade o ben que o fixeron!
Ningún comentario:
Publicar un comentario