Xa rematado o curso, é hora de mostravos o proxecto que levamos a cabo durante o segundo e terceiro trimestre no noso centro.
Trátase do proxecto "Os Miróns", para coñecer a vida e obra do pintor Joan Miró.
Comezamos por facer unhas fichas para adentrarnos na vida e obra do pintor:
Tamén fixemos unha para traballar a atención cos cadros de Miró:
Despois, cada clase traballou de xeito individual: as cores que utilizaba Joan Miró, representaron as figuras que él debuxaba, escribiron o seu nome, fixeron cadros, unha escultura... Podedes ver todo o proceso neste vídeo:
Gracias, en especial, ás coordinadoras do proxecto e a todo o profesorado por participar nel.
Desexamos que vos guste, saúdos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario