xoves, 6 de abril de 2017

"CURTAMETRAXE"

O alumnado dos PFPB de Xardinería e Restauración elaborarou unha curtametraxe sobre un relato do libro de Sèchu Sende " Made in Galiza" que se chama "Curtametraxe".

Esforzáronse moito decidindo que escenas ían gravar, que decorados construír e como facer os personaxes. Despois puxéronse mans á obra: fixeron bonecos con plastilina, decorados con recortes de revistas vellas, cartolinas, pólas, serraduras... 
Despois sacaron as fotos de cada movemento e gravaron o relato de Sèchu coas súas voces.
Decidiron empregar a canción de Paco Nogueiras "Meu o mundo é" do seu CD "Brinca vai".

Un paso moi importante e motivador para eles foi contactar con Séchu e Paco para pedirlles permiso para empregar a súa obra na curtametraxe. Aprenderon a importancia da autoría das obras, hai alguén detrás de cada unha delas ao que lle pertencen como autor das mesmas. Encantoulles recibir as contestacións tan amables deles, dándolles folgos e animándoos polo seu traballo.

E para finalizar esta actividade, hoxe presentaron diante dos seus compañeiros e compañeiras  do centro a curtametraxe.

Deixámosvola para que a disfrutedes tanto coma nós e as fotos da presentación.

Un saúdo.

mércores, 5 de abril de 2017

A VISITA DE OUMBA

O pasado venres o rato Roi convidou a  Oumba, unha mestra da República do Congo, a que visitara o noso centro e contara o conto " Quen pode vencer ao vento?".

Despois Oumba puxo un selo máis nos nosos pasaportes.

Moitas grazas rato Roi!
Encantounos.














mércores, 29 de marzo de 2017

NOVOS CONTIDOS NAS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS!

As mochilas viaxeiras comezan unha nova andaina cargadas con novos materiais.
Desexamos que vos fagan pasar bos momentos.


mércores, 22 de marzo de 2017

Onte celebrouse o DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN. Vós igual vos preguntaredes, por que se escolleu esta data para conmemorar este día? Pois a resposta é moi sinxela: onte foi o día 21 do mes 3, e nos estamos ante unha trisonomía no cromosoma 21. 
No noso centro tamén quixemos celebrar esta data, porque...

A VIDA NON É SO CUESTIÓN DE CROMOSOMAS!!!