Ao longo desta semana estivemos traballando coas distintas árbores, arbustos, flores que temos pola contorna do centro. O alumnado da FPB de xardinaria elaborou este estupendo taboleiro que esta colocado nun dos corredores e que podemos ir a ver sempre que queiramos.
venres, 26 de marzo de 2021
venres, 12 de marzo de 2021
Día Internacional da Muller - 8 de marzo do 2021
Para conmemorar O Día Internacional da Muller, dende o EDLG en colaboración coa Biblioteca Escolar, elaboramos unha serie de fichas para realizar na aula ao longo desta semana. Ademais tamén fixemos a proposta de decorar os taboleiros do centro con fotos e frases de algunha muller representativa para a sociedade. Como mostra do traballo realizado, deixamos este vídeo:
Queremos facer un agradecemento especial a BANDA DE BALBINA, por cedernos unha versión da súa canción para a realización desta montaxe.
xoves, 25 de febreiro de 2021
Día de ROSALÍA (24/02/2021)
Segundo a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) onte conmemoramos, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro. Por iso, dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca elaboramos as seguintes actividades para realizar na aula:
- Unhas fichas sobre a vida e obra da autora.
- Unha rosa para decorar e agasallar con ela a quen se queira
- Unha selección de música con poemas de Rosalía.
- Unha carouta elaborada por OZOCOgz.
Deixamosvos un resumo destas actividades plasmadas nestas fotos.
luns, 15 de febreiro de 2021
Estamos de ENTROIDO
A semana do 8 ao 12 de febreiro celebramos o Entroido. Como xa imaxinaredes non tivemos un festival en común, senón que este ano fixemos festa por grupos burbulla o que non impediu que o pasaramos xenial. Tamén tivemos un Meco, aínda que un poquiño distinto ao que estamos acostumados. Para decorar o centro fixemos uns carteis para adornar os corredores con personaxes típicas do entroido galego. Esperemos que vos guste o noso resumo.
PERSONAXES TÍPICAS DO ENTRODIO GALEGO:
O Merdeiro de Vigo, Os Galáns e As Madamas de Cobres, O Loro Rabachol de Pontevedra, O Labardeiro de Toén, O Felo de Maceda, A Pita de Eiroás e Os Choqueiros de A Coruña.
xoves, 28 de xaneiro de 2021
Día da Paz
O xoves 28 de xaneiro festexamos o día da Paz tomando un chocolatiño quente cuns churros. Eso si, nas nosas aulas e en grupos burbulla, pare seguir coas recomendacións deste curso tan curioso.
Antes dese día decoramos o colexio cunhas pombiñas rodeadas de frases de paz e amizade e decoramos os corredores con personaxes representativas para a paz.
Por último, o profesor de xardinaria, Mario elaborou este fantástico vídeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

























