martes, 7 de febreiro de 2023

NO TERRA ATOPAMOS EMOCIÓNS

 

No CEE Terra de Ferrol estamos a participar no programa EMOCIÓNA-T.

Cada mes, todo o centro traballa unha emoción, febreiro é o mes escollido para traballar a tristeza. É moi importante que o noso alumnado identifique as emocións, sexa consciente da súa intensidade e sexa capaz de manifestala de maneira asertiva, polo que este tipo de programas son moi interesantes para o desenvolvemento persoal dos nosos alumnos e alumnas.

 

Desde a biblioteca "O Rato Roi" é o encargado de ofrecernos unha serie de recursos para realizar este traballo, estar moi atentos e atentas porque ata final de curso teremos moitas sorpresas ... EMOCIONANTES!


luns, 30 de xaneiro de 2023

30 DE XANEIRO. "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ"

 

Para conmemorar este "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ"  realizaremos diferentes actividades. 



Decoraremos o centro con palabras e sentimentos de paz, pombas, debuxos...

Así como o tradicional chocolate con churros co que celebraremos mañá este día tan sinalado.



Desde a biblioteca propoñémoslle ao noso alumnado unhas lecturas, xogos e películas que nos axude a entender que é sentir PAZ.

Porque como dicía Gandhi: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño".


xoves, 26 de xaneiro de 2023

Gozando coa actuación de Paco Nogueiras



Onte tivemos o pracer de recibir no CEE Terra de Ferrol a Paco Nogueiras e poder gozar do seu espectáculo.


  
 A través de cancións e con diferentes instrumentos, Paco Nogueiras achega temas de actualidade ao alumnado.


 Sen dúbida pasámolo xenial escoitando eses ritmos pegadizos e participando de forma activa nas súas composicións.


 

Un pracer o poder divertirnos con Canto contigo!

venres, 25 de novembro de 2022

25 N: "DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"


Hoxe no CEE Terra de Ferrol conmemoramos o 25 N: "DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES". O alumnado estivo a traballar durante estes últimos 15 días no conto: "De que cor é un bico? , realizando este marabilloso mural que hoxe excedía de palabras de respecto. Tamén, en colaboración co EDLG, unímonos ao proxecto de "Zapatos Vermellos" como símbolo contra a violencia machista.




luns, 24 de outubro de 2022

O RATO ROI está de volta!

Queremos darvos a BENVIDA a este novo curso!

Estamos no Outono e o Rato Roi ten moitas ganas de festexar o Magosto e o Samaín.

Para iso, preparou unha mesa con contos, películas e xogos típicas destas datas. Algúns dan moito medo! Atréveste a visitar a nosa biblioteca?

Este venres pasado repartimos as invitacións, esperámosvos!