No CEE Terra de Ferrol estamos a participar no programa EMOCIÓNA-T.
Cada mes, todo o centro traballa unha emoción, febreiro é o mes escollido
para traballar a tristeza. É moi importante que o noso alumnado identifique as emocións,
sexa consciente da súa intensidade e sexa capaz de manifestala de maneira
asertiva, polo que este tipo de programas son moi interesantes para o
desenvolvemento persoal dos nosos alumnos e alumnas.
Desde a biblioteca "O Rato Roi" é o encargado de ofrecernos unha serie de recursos para realizar este traballo, estar moi atentos e atentas porque ata final de curso teremos moitas sorpresas ... EMOCIONANTES!
Ningún comentario:
Publicar un comentario