Esta semana no CEE Terra de Ferrol celebramos o Día do Amor e da Amizade. Para iso, dende a biblioteca facilitamos
recursos para poder traballar o tema.
Ademais, xa que estamos levando a cabo o programa EMOTIONA-T, que mellor maneira de emocionarse que co amor e ca amizade.
Para iso organizamos o noso "Terra Dates", un espazo onde cada quen lle pode
dicir a un compañeiro ou a unha compañeira unha bonita mensaxe, ben sexa cun xesto, unha verba ou por escrito.
Así que goza do Amor e da Amizade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario