martes, 10 de marzo de 2015

TALLER DE PINTURA

Fai uns días fixemos cos máis pequenos un taller de pintura.

Eles mesmos a fixeron e despois nunha cartolina escribiron a primeira letra do seu nome e tamén fixeron outras pequenas obras de arte.

Os ingredientes para facer a pintura son:
  • Unha cullerada de fariña de levedar.
  • Unha cullerada de sal.
  • Unha gota de colorante alimentario (as cores que queirades)
  • Un pouquiño de auga.

Hai que remexer todo ata que se forme unha masa espesa. Despois podemos pintar libremente.
Para rematar metemos a nosa obra no microondas durante aproximadamente 30 segundos, ata que a pintura inche un pouco.

Mirade o ben que o fixeron!





Esperamos que vos guste, ata a próxima!

xoves, 26 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015

Bo día!

Hoxe queremos compartir convosco o ben que o pasamos o xoves 12 de febreiro no festival de entroido.

Primeiro fixemos un desfile para que cada clase ensinase os seus disfraces. 
Este ano o tema escollido para disfrazarse foi: CONTOS INFANTÍS. 

Tivemos a Brancaneves e os sete ananiños:


A Cebra Camila:


Carapuchiña vermella:



Peter Pan :



O Flautista de Hamelin:


Os Bolechas:


101 Dálmatas:


O Mago de Oz:


Alicia no país das marabillas:


Os Picapedra:



Pasámolo en grande! Despois do desfile, bailamos gracias á man de "Los Zares".

Finalmente disfrutamos dun bo cocido no comedor do centro, alumnos e profes xuntos.

Feliz día! Ata outra!

martes, 10 de febreiro de 2015

COCIÑA DE ENTROIDO

Bos días!

Hoxe queremos mostrarvos a xornada de cociña de entroido que fixo o alumnado da FP Básica Cociña e Restauración. 

Mirade o que fixeron:



Rosquillas de anís:

Filloas:

Orellas:

Caldo galego:



Adiantamos tamén, que os alumnos de Cociña e Restauración nos agasallarán cun postre de carnaval que se servirá no comedor o dia 12 no xantar de entroido.

Como vedes, coidámonos moi ben!

Ata a próxima!

venres, 30 de xaneiro de 2015

FELIZ DÍA DA PAZ 2015

Como ben sabedes, hoxe celebramos o día da paz.

Na nosa biblioteca, temos moitos libros que falan da amizade, compartir, axudar...

Por outra banda, colaborando coa profe Rocío, decoramos a entrada cuns globos feitos entre todas as clases do centro, mirade!

Tamén na clase da profe Carolina fixeron a súa particular decoración na porta da súa clase:


Para rematar, coa colaboración das profes Cristina, Rita e Carlota ademais de tódolos nenos e nenas que quixeron participar, elaboramos esta mensaxe de paz:





mércores, 28 de xaneiro de 2015

TALLER AS DELICIAS

Ola de novo!

Queremos mostrarvos outro dos talleres que fixemos cos peques do cole. 

Esta vez decantámonos pola estimulación a través dos alimentos. O noso obxectivo foi que os nenos probasen, tocasen e ulisen todos os alimentos que incluimos no taller.

En canto aos ingredientes podedes introducir os que queirades buscando sempre contrastes, dende alimentos doces ata salgados ou amargos. Tamén é interesante xogar coa temperatura.

Estes son os que nós escollimos:



Ingredientes divididos en 3 mesas:

Mesa 1:
  • Auga
  • Xeo
  • Leite quente
Mesa 2:

  • Iogur
  • Sal
  • Azucre
  • Mel
  • Canela 
  • Colacao
  • Marmelo
  • Queixo
  • Chocolate
Mesa 3:

  • Nata
  • Batido de chocolate
  • Zumo
  • Petazetas
  • Xamón cocido
  • Magdalena
  • Pica-Pica
  • Ameixa
  • Laranxa
  • Piña
  • Melocotón
  • Limón
  • Pomelo
  • Caqui
  • Feijoas


Os rapaces esperaban nerviosos ante as mesas cheas de comida, querían probalo todo!


Comezamos probando a mesa 1:




E seguimos coas demais, mesa 2 e 3:




 O que menos nos gustou...O LIMÓN!


Foi unha experiencia positiva, tanto para as profes coma para os nenos. 

Foron quen de probar todos os alimentos, diferenciar entre os fríos e quentes e decir cales alimentos lles gustaron máis e cales menos (pensamos que o chocolate e a nata son os triunfadores, delicious!)

Achégase o día da paz, temos preparada unha mensaxe moi especial... estade atentos!