No ano 1986 nace LUAR NA LUBRE na cidade de A Coruña converténdose co paso dos anos e o seu teimoso traballo nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita na Galiza. O seu proxecto musical baséase nas músicas de raíces galegas polo que dedican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias. Hoxe escoitaremos: AO PASAR POLA CORUÑA e PANDEIRADA DAS FIANDEIRAS/MUIÑEIRA DO RAMELLE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario