Todo comezou en 2007 en Ponteareas, cando 3 obreiros deciden montar un grupo para expresar o seu mal estar con todo o sistema, con letras que falan de clase obreira e tamén sobre a guerra civil. No 2008 gravan a primeira maqueta titulada “LUME” gañando un concurso da radio galega cun tema da mesma e coa que fan unha xira por toda Galicia. No 2011 gravaron unha segunda maqueta titulada “SOMOS MAIS” con 11 temas galegos de ritmos moi bailables. Hoxe escoitaremos: RABIA E PAIXÓN, DIVERSA E DIFERENTE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario