Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de xaneiro de 2015

RECEITAS

Ola de novo!

Hoxe queremos compartir con todos vós o ben que o pasamos a última semana do primeiro trimestre, en concreto cos alumnos de Restauración.

Invitaron aos demais nenos e nenas do centro ao taller de cociña para que puidésemos ver a elaboración diferentes receitas de postres navideños. 

Mirade o ben que o pasamos!





Dende aquí queremos dar as gracias a Bea, a profesora, e aos alumnos de Restauración por este magnífico traballo!

A continuación podedes ver as receitas dos postres que fixeron:

BUÑUELOS DE MAZÁS
INGREDIENTES:
-      Mazás 2 unidades
-      Fariña 75 gr
-      Leite 1 dl
-      Fermento en po ½ cullerada
-      Ovo 1 unidade (separar a xema e a clara)
-      Azucre 100 gr
-      Aceite para fritir
ELABORACIÓN:
  1. Mesturamos ata que teñamos unha masa fina e sen grumos, a fariña, o fermento, a xema do ovo e 75 gr de azucre. Deixamos repousar.
  2. Mentres, batemos a clara ao punto de neve e mesturámola coa masa, axudándonos dunha espátula e con movementos suaves e envolventes.
  3. Pelamos as mazás e cortámolas en anacos regulares de 2 cm aproximadamente. Pasámolos anacos por fariña e a continuación sumerxímolos na masa e fritímolos en aceite quente ata que estean dourados.
  4. Cando estean dourados retirámolos e espolvoreamos con azucre.

ESTRELIÑAS DE NADAL
INGREDIENTES:
-      Fariña 400 gr
-      Manteiga 100 gr
-      Aceite de oliva 100 ml
-      Azucre 2-3 culleradas
-      Fermento en po 1 cullerada
-      Pel do limón relada
-      Un puñado de améndoas picadas
-      Canela en po
-      Un chisco de sal
ELABORACIÓN
  1. Mesturar nun recipiente fondo a manteiga co azucre e a sal,incorporamos a fariña, o fermento e a pel do limón relada. O aceite serviranos para axudarnos a amasar mellor e ir unindo os ingredientes ata lograr unha masa compacta, un pouco areenta, pero que se despegue do recipiente. A última hora, engadimos as améndoas e integrámolas na masa.
  2. Collemos anaquiños da masa e damos forma de estrelas do tamaño que prefiramos. Colocámolos ben separados entre eles, sobre unha bandexa de forno cuberta de papel.
  3. Cociñamos as estrelas no forno prequecer a 150 ºC durante uns 30 minutos ou ata que estean dourados. Deixámolos arrefriar sobre unha reixa e espolvoreamos con azucre e canela.

LARANXIÑAS CON CHOCOLATE
INGREDIENTES:
-      Laranxas 8 unidades
-      Azucre 600gr
-      Limón 2cl
-      Auga 80cl
-      Chocolate negro de repostería 230grs
ELABORACIÓN:
1.     Cortar cada laranxa en metades.
2.     Poñelas nun recipiente e cubrilas de auga e unhas gotas de limón.
3.     Ferver 10 e reservar.
4.     Coa auga de cocción engadimos o azucre e facemos un almíbar onde deixaremos repousar as laranxas.
5.     Limpar a parte branca.
6.     Facer tiriñas.
7.     Secar e bañar en chocolate.

PIRULETAS DE CHOCOLATE
INGREDIENTES:
-      Chocolate
-      Améndoa
-      Lacasitos
-      Laranxa relada
ELABORACIÓN:
1.     Fundir o chocolate.
2.     Estendelo no molde e espolvoreamos coa gornición que queiramos.
3.     Arrefriar e desmoldar.

Ata a próxima!

xoves, 8 de xaneiro de 2015

GAÑADORES TARXETAS DE NADAL

A última semana do primeiro trimestre rematámola entregando os premios para a mellor postal de nadal de cada unha das clases do noso centro.

Son todos uns grandes artistas! Aquí os tedes!







Recordade que entre todos estes gañadores, a escollida para felicitar as festas dende o noso centro foi a de Cristian, como dixemos na entrada anterior.

Saúdos!


domingo, 4 de xaneiro de 2015

TARXETA DE NADAL 2014

Para rematar o primeiro trimestre, o CEE Terra de Ferrol quixo felicitar as festas cunha postal escollida entre todas as que fixeron os rapaces. 
Os coordinadores do noso centro, encargáronse desta tarefa.

A postal escollida foi a de Cristian Fernández San Isidro, esperamos que vos guste así coma a felicitación escrita polo reverso: