domingo, 24 de maio de 2015

CELEBRACIÓN MAIOS E LETRAS GALEGAS

Como vos prometimos, aquí tedes as fotos da celebración dos maios e das letras galegas, coordinada pola profe Rita.

Primeiro xuntámonos na sala para celebrar as letras galegas, vimos un vídeo feito por alumnado e profesorado do noso centro coordinados pola profe Estrela, mirade!:


Ademais, Kiko e Elena coa axuda da profe Beatriz, recitaron e cantaron a poesía "Ahí ven o maio" de Curros Enríquez:


Despois dividímonos en grupos para ir aos diferentes talleres que houbo para celebrar os maios. 

O primeiro deles foi a elaboración dun maio con papel, cartón... os nenos decoraron flores e froitas e as pegaron no maio de papel. Ademais viron unha presentación acerca dos maios:



O segundo celebrouse no taller de restauración. Tratábase de decoración de mesas con elementos naturais, ademais houbo unha desgustación de follas de limón, estaba todo boísimo!





No terceiro taller os nenos e nenas fixeron coroas de flores, tamén maquilláronse. Quedaron guapísimos!








No último taller, fixeron o montaxe do maio con diferentes tipos de flores, laranxas, ovos... mirade que bonito quedou! Despois levamos o maio polo centro para colocalo finalmente na entrada:








Pasámolo xenial!





Ata a próxima!

domingo, 17 de maio de 2015

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Hoxe queremos desexarvos feliz día das letras galegas cun vídeo que fixemos o pasado xoves, na celebración dos maios e das letras galegas.

David recitou un poema popular da obra "Os nenos" de Xosé Filgueira Valverde, mirade que ben o fixo!



Esta semana mostrarémosvos fotos e material que fixemos para celebrar este día. 

Ata a próxima!

domingo, 10 de maio de 2015

SIMULACRO

O venres 8 de maio houbo un simulacro de incendio no noso centro. 

Saímos ordeadamente a fóra e esperamos a que viñesen os bombeiros. 

Os nenos estaban emocionados por velos, e por fin, chegaron!

Despois de facer o seu traballo, tiveron a amabilidade de ensinarnos as ferramentas que utilizan, a roupa e incluso o seu camión. Varios rapaces puideron poñer a chaqueta e o casco, estaban encantados!





Tamén subiron ao camión. Foi todo un éxito!


E para rematar a xornada, un par de fotos de todo o grupo:


Ata a próxima!

venres, 24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Onte celebramos o día do libro no centro.

Reunímonos na nosa biblioteca para ver unha representación que un grupo de alumnos nos tiña preparada: o conto A Cebra Camila.
Os actores e actrices fixérono xenial, gustounos moito a todos!


Aquí temos a Cebra Camila (David):

E todo o grupo que fixo posible esta representación: Manu, Pablo P., Pablo E., Pablo T., Sara, Yanhira, Érika e David.

Ata a próxima!

martes, 10 de marzo de 2015

TALLER DE PINTURA

Fai uns días fixemos cos máis pequenos un taller de pintura.

Eles mesmos a fixeron e despois nunha cartolina escribiron a primeira letra do seu nome e tamén fixeron outras pequenas obras de arte.

Os ingredientes para facer a pintura son:
  • Unha cullerada de fariña de levedar.
  • Unha cullerada de sal.
  • Unha gota de colorante alimentario (as cores que queirades)
  • Un pouquiño de auga.

Hai que remexer todo ata que se forme unha masa espesa. Despois podemos pintar libremente.
Para rematar metemos a nosa obra no microondas durante aproximadamente 30 segundos, ata que a pintura inche un pouco.

Mirade o ben que o fixeron!





Esperamos que vos guste, ata a próxima!