venres, 30 de xaneiro de 2015

FELIZ DÍA DA PAZ 2015

Como ben sabedes, hoxe celebramos o día da paz.

Na nosa biblioteca, temos moitos libros que falan da amizade, compartir, axudar...

Por outra banda, colaborando coa profe Rocío, decoramos a entrada cuns globos feitos entre todas as clases do centro, mirade!

Tamén na clase da profe Carolina fixeron a súa particular decoración na porta da súa clase:


Para rematar, coa colaboración das profes Cristina, Rita e Carlota ademais de tódolos nenos e nenas que quixeron participar, elaboramos esta mensaxe de paz:





mércores, 28 de xaneiro de 2015

TALLER AS DELICIAS

Ola de novo!

Queremos mostrarvos outro dos talleres que fixemos cos peques do cole. 

Esta vez decantámonos pola estimulación a través dos alimentos. O noso obxectivo foi que os nenos probasen, tocasen e ulisen todos os alimentos que incluimos no taller.

En canto aos ingredientes podedes introducir os que queirades buscando sempre contrastes, dende alimentos doces ata salgados ou amargos. Tamén é interesante xogar coa temperatura.

Estes son os que nós escollimos:



Ingredientes divididos en 3 mesas:

Mesa 1:
  • Auga
  • Xeo
  • Leite quente
Mesa 2:

  • Iogur
  • Sal
  • Azucre
  • Mel
  • Canela 
  • Colacao
  • Marmelo
  • Queixo
  • Chocolate
Mesa 3:

  • Nata
  • Batido de chocolate
  • Zumo
  • Petazetas
  • Xamón cocido
  • Magdalena
  • Pica-Pica
  • Ameixa
  • Laranxa
  • Piña
  • Melocotón
  • Limón
  • Pomelo
  • Caqui
  • Feijoas


Os rapaces esperaban nerviosos ante as mesas cheas de comida, querían probalo todo!


Comezamos probando a mesa 1:




E seguimos coas demais, mesa 2 e 3:




 O que menos nos gustou...O LIMÓN!


Foi unha experiencia positiva, tanto para as profes coma para os nenos. 

Foron quen de probar todos os alimentos, diferenciar entre os fríos e quentes e decir cales alimentos lles gustaron máis e cales menos (pensamos que o chocolate e a nata son os triunfadores, delicious!)

Achégase o día da paz, temos preparada unha mensaxe moi especial... estade atentos!

martes, 27 de xaneiro de 2015

PINTURA MÁXICA

Hoxe queremos compartir convosco unha sesión moi divertida cos máis pequenos do cole.

Pintaron cada un nun folio cunha pintura máxica, brilla na escuridade!

Para facer esta actividade só precisamos de:

- Pinturas fluorescentes.
- Canicas (5 para cada cor)
- Caixas de zapatos, unha para cada neno/a.
- Vasos de plástico.
- Folios en branco.

Primeiro preparamos a nosa caixa de zapatos meténdolle un folio branco dentro (tamén podemos empregar cartolinas ou o que queiramos).

Poñemos un chisco de pintura en cada vaso, tantos coma cores teñamos, no noso caso tiñamos 4 cores: laranxa, verde, amarelo e fuscia.

Despois metemos 5 canicas en cada vaso.

Mirade como brillan coa luz negra!




Finalmente só queda que cada neno colla unha canica de cada cor e a meta na súa caixa, despois deberá tapala e... A AXITAR!




Esperamos que vos guste.

Ata a próxima!

xoves, 22 de xaneiro de 2015

A CEBRA CAMILA

Bos días!

Comezamos o segundo trimestre na biblioteca lendo o conto da Cebra Camila de Kalandraka.

Sara Luisa, Felipe, Yanhira, Pablo Primoy, Pablo Ezequiel e David fixeron uns títeres coa axuda da súa profe Lucía. Con eles contaron o conto, tanto na biblioteca coma no teatrillo que teñen na aula. 
Ademais, fixeron un mural para decorar a aula!





Tedes que ler o conto, é moi divertido! Esperamos que vos guste.

Ata outra!

mércores, 14 de xaneiro de 2015

RECEITAS

Ola de novo!

Hoxe queremos compartir con todos vós o ben que o pasamos a última semana do primeiro trimestre, en concreto cos alumnos de Restauración.

Invitaron aos demais nenos e nenas do centro ao taller de cociña para que puidésemos ver a elaboración diferentes receitas de postres navideños. 

Mirade o ben que o pasamos!





Dende aquí queremos dar as gracias a Bea, a profesora, e aos alumnos de Restauración por este magnífico traballo!

A continuación podedes ver as receitas dos postres que fixeron:

BUÑUELOS DE MAZÁS
INGREDIENTES:
-      Mazás 2 unidades
-      Fariña 75 gr
-      Leite 1 dl
-      Fermento en po ½ cullerada
-      Ovo 1 unidade (separar a xema e a clara)
-      Azucre 100 gr
-      Aceite para fritir
ELABORACIÓN:
  1. Mesturamos ata que teñamos unha masa fina e sen grumos, a fariña, o fermento, a xema do ovo e 75 gr de azucre. Deixamos repousar.
  2. Mentres, batemos a clara ao punto de neve e mesturámola coa masa, axudándonos dunha espátula e con movementos suaves e envolventes.
  3. Pelamos as mazás e cortámolas en anacos regulares de 2 cm aproximadamente. Pasámolos anacos por fariña e a continuación sumerxímolos na masa e fritímolos en aceite quente ata que estean dourados.
  4. Cando estean dourados retirámolos e espolvoreamos con azucre.

ESTRELIÑAS DE NADAL
INGREDIENTES:
-      Fariña 400 gr
-      Manteiga 100 gr
-      Aceite de oliva 100 ml
-      Azucre 2-3 culleradas
-      Fermento en po 1 cullerada
-      Pel do limón relada
-      Un puñado de améndoas picadas
-      Canela en po
-      Un chisco de sal
ELABORACIÓN
  1. Mesturar nun recipiente fondo a manteiga co azucre e a sal,incorporamos a fariña, o fermento e a pel do limón relada. O aceite serviranos para axudarnos a amasar mellor e ir unindo os ingredientes ata lograr unha masa compacta, un pouco areenta, pero que se despegue do recipiente. A última hora, engadimos as améndoas e integrámolas na masa.
  2. Collemos anaquiños da masa e damos forma de estrelas do tamaño que prefiramos. Colocámolos ben separados entre eles, sobre unha bandexa de forno cuberta de papel.
  3. Cociñamos as estrelas no forno prequecer a 150 ºC durante uns 30 minutos ou ata que estean dourados. Deixámolos arrefriar sobre unha reixa e espolvoreamos con azucre e canela.

LARANXIÑAS CON CHOCOLATE
INGREDIENTES:
-      Laranxas 8 unidades
-      Azucre 600gr
-      Limón 2cl
-      Auga 80cl
-      Chocolate negro de repostería 230grs
ELABORACIÓN:
1.     Cortar cada laranxa en metades.
2.     Poñelas nun recipiente e cubrilas de auga e unhas gotas de limón.
3.     Ferver 10 e reservar.
4.     Coa auga de cocción engadimos o azucre e facemos un almíbar onde deixaremos repousar as laranxas.
5.     Limpar a parte branca.
6.     Facer tiriñas.
7.     Secar e bañar en chocolate.

PIRULETAS DE CHOCOLATE
INGREDIENTES:
-      Chocolate
-      Améndoa
-      Lacasitos
-      Laranxa relada
ELABORACIÓN:
1.     Fundir o chocolate.
2.     Estendelo no molde e espolvoreamos coa gornición que queiramos.
3.     Arrefriar e desmoldar.

Ata a próxima!

xoves, 8 de xaneiro de 2015

GAÑADORES TARXETAS DE NADAL

A última semana do primeiro trimestre rematámola entregando os premios para a mellor postal de nadal de cada unha das clases do noso centro.

Son todos uns grandes artistas! Aquí os tedes!







Recordade que entre todos estes gañadores, a escollida para felicitar as festas dende o noso centro foi a de Cristian, como dixemos na entrada anterior.

Saúdos!


domingo, 4 de xaneiro de 2015

TARXETA DE NADAL 2014

Para rematar o primeiro trimestre, o CEE Terra de Ferrol quixo felicitar as festas cunha postal escollida entre todas as que fixeron os rapaces. 
Os coordinadores do noso centro, encargáronse desta tarefa.

A postal escollida foi a de Cristian Fernández San Isidro, esperamos que vos guste así coma a felicitación escrita polo reverso:



A ORIXE DO OUTONO

Co motivo da chegada do outono e posterior celebración do magosto, o Equipo da Biblioteca en colaboración e coordinación co Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística decidimos realizar un conto entre todas as aulas do centro. 

Este foi o resultado, esperamos que vos guste!



O conto foi sacado de internet.

Ademais puidemos disfrutar no comedor dunhas deliciosas castañas asadas e cocidas. Mirade o que fixeron os nenos e nenas para meter as súas castañas:


Saúdos!

BENVIDA AO NOSO BLOGUE

Ola a todos e feliz ano 2015!

Preséntome, son o rato Roi, a mascota da biblioteca do CEE Terra de Ferrol


Este ano decidimos crear este blogue para que todos e todas poidades ver as cousas que facemos no noso centro.

Dende aquí, aproveitaremos para subir vídeos, fotografías e todo o que se nos vaia ocurrindo coa finalidade de que nos coñezades un pouquiño mellor cada día.

Imos comezar ensinándovos unhas fotos do curso pasado, cando inauguramos a nova biblioteca, e que melloramos pouco a pouco cada día.

O día da inauguración, os rapaces coñeceron as normas básicas da biblioteca a través dun vídeo realizados por OS BOLECHAS gravado polo CEIP Curros Enríquez de Celanova.



Vídeo conto: Os bolechas queren saber como é unha biblioteca.